Un banco de tempo é o lugar onde unha persoa deposita tempo para dispoñer del segundo as súas necesidades. Ten a súa orixe no antigo "troco", coa diferenza de que neste sistema non ten porque coincidir a persoa que dá coa que recibe.
O persoal desta oficina (axente de tempo), encargarase de informar, orientar e resolver as dúbidas relacionadas có funcionamento do banco de tempo das persoas interesadas e público en xeral. Ademais será quen realizará as inscricións e organizará os intercambios.
A inscrición é gratuíta e voluntaria e os intercambios acórdanse sempre de xeito voluntario.
Nun banco de tempo todas as persoas temos a oportunidade de ofrecer e demandar, converténdonos en membros produtivos da comunidade. Todas as contribucións son benvidas e valoradas por igual. Canta máis xente comparta o seu tempo e cantas máis horas de tempo sexan, máis enriqueceremos a nosa comunidade.
Oficina do Banco de Tempo
Rúa Domingo Antonio de Andrade s/n, 3º andar
15270 Cee
Tel. 981 706 120 (provisional) / 981 745 100
bancodetempo.cee@hotmail.es